A Rede
Galega de Seguimento Ambiental (REGAM) é unha Rede de Seguimento, posta en marcha no 2013,
promovida polo Grupo GEAS, a Asociación SUSTINEA e a Asociación Ecoloxista
ADEGA.
Os obxectivos da REGAM, son :
- Establecer indicadores
ambientais, de xeito "non oficial", a través de
- protocolos de traballo
estandarizados,
- distribuidos ao longo do pais,
- abertos a participación (particulares,
asociacións, concellos, ...), que permitan
- controlar os cambios
ambientais a longo prazo.
- posibilidade de incluirse en
redes maiores
Ademáis, os resultados obtidos durante á realización destes seguimentos
serán de utilidade para a actualización, dinámica e participativa, dos inventarios galegos de biodiversidade existentes.
Para acadar estes obxectivos, calquera asociacón, colectivo, ou grupo de persoas interesadas, pode participar nas estacións REGAM existentes, ou ben por en marcha unha estación de seguimento no seu entorno, no que poderá aplicar un ou máis dos protocolos dispoñibles.
Estes protocolos son achegas metodolóxicas das entidades participantes, ou ben adaptacións ou préstamos de metodoloxías desenvolvidas noutros lugares. Calquera colaborador pode propor novos protocolos para a súa inclusión na listaxe.
Se queres colaborar podes escribir un mail para Regamse@gmail.com e trataremos de contestarte axiña.